Investigadores da USC e do Campus do Mar da Coruña descobren que a forma polimórfica do ADN das e dos habitantes composteláns está a sufrir pequenos cambios debido ao contacto coa auga.

Reconstrucción dun habitante de Compostela dentro de 10.000 anos.
Despois de dez anos de investigación, presentábase onte en Compostela o primeiro dossier do informe “PEIXEFRESCUM”, no cal estudosos da universidade de Santiago de Compostela e da Universidade da Coruña confirman a teoría mutacional dos habitantes da capital galega.
O estudo, dividido en varias partes, reflectiría como a continua exposición a auga da choiva na capital compostelá, unido aos efluvios provintes da centrais térmicas de As Pontes e Meirama, durante un prolongado espazo de tempo, concluiría con pequenos cambios fisiolóxicos e fisionómicos do corpo humano. Estes cambios produciríanse sobre todo a nivel dermatolóxico e dalgúns sistemas como o pulmonar e cardiolóxico.
Preguntados pola peligrosidade destes cambios e a súa posíble solución, os poñentes coincidiron en afirmar que “a día de hoxe non podemos controlar a meteoroloxía en Compostela, polo que as solucións son complicadas”, “como non construamos unha cúpula, ímonos seguir mollando igual e coa situación económica que vivimos, o da cúpula é inviábel”. En canto á peligrosidade, Pepe Castro, investigador adxunto da UDC, epxlicaba con detalle como a lenta e paulatina evolución ao logo dos 10.000 anos faría imperceptíbel as mutacións para as persoas e fixo unha comparanza coa evolución darwinista e a relación de procedencia entre o ser humano e os monos.
Mentres tanto Ángel Currás, alcalde de Compostela, quitáballe ferro ao asunto, “o que non nos mata fainos máis fortes” á vez que se manifestaba sorprendido polo avance da ciencia. Pola súa parte a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera afirmou que “se Deus o quere así, así debe ser” e pediu publicamente aos investigadores que a manteñan o tanto de todas as novidades que podan surxir.
Nos próximos meses serán presentadas as continuacións do estudo no que se mostrarán tanto a evolución do aparato locomotor humano, como a capacidade sexual dos caracois en climas extremadamente pluviosos.