Caballero cree que o Dinoseto reactivará a economía viguesa

O alcalde vigués está convencido das potencialidades do Dinosauro colocado na entrada da Praza da Princesa, en Porta do Sol. Abel Caballero presentaba onte, na súa rolda de prensa semanal o que considera será a revolución económica da cidade e incluso da área metropolitana. O alcalde e Vigo, catedrático de economía, asegura que o Dinoseto está…

O BNG expulsará aos militantes que usen o español no Twitter

A organización nacionalista revisará os Timeline dos seus militantes en busca de “esquirois españolistas”. Despois da polémica co concelleiro madrileño Guillermo Zapata, membro da formación Ahora Madrid e compañeiro de corporación de Manuela Carmena, o BNG decide poñerse as pilas e depurar militantes para “protexer” o seu futuro. Nun comunicado emitido na súa web o BNG…

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica

Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.  A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a…

López Orozco marcha “porque ten que marchar”

O alcalde de Lugo deixa o seu cargo pensando en afeitarse ou non a barba. O alcalde de Lugo desde 1999, e primeiro alcalde socialista da cidade, José Clemente López Orozco anuncia a súa renuncia a acta de concelleiro, e por tanto de alcalde da cidade despois da presión dos grupos hippies de LugoNovo e…

O PP contratará ao ‘Señor Lobo’ para desfacerse dos seus cadáveres políticos

‘Non empecemos a chuparnos as pirolas aínda’, dixo o Señor Lobo antes de proceder a limpeza despois da desfeita popular nas municipais e autonómicas. No Partido Popular están dispostos a soltar lastre e vano facer profesionalmente. Segundo fontes próximas ao partido, os populares van recorrer a un profesional cualificado para desfacerse de todos os cadáveres…

Pablo Iglesias actuará nas festas de Soutomaior

O empresario Ramón Blanco tira de talonario para traer ao  personaxe de moda ás súas festas. Un ano máis o empresario afincado en Barcelona, pero coas súas orixes en Soutomaior, aldea de 200 habitantes no interior do rural ourensán, volve acaparar portadas coas súas festas de verán. Se no pasado conseguiuno traendo a artistas do…

SuperPiñeiro coñecedor do segredo da inmortalidade de Jordi Hurtado

O showman galego tería mantido contacto directo con Jordi Hurtado nos últimos anos. Xosé Manuel Piñeiro, o ídolo de masas e sexsymbol galego recoñecía a pasada semana saber algún que outro segredo que lle permitiu non envellecer durante os últimos anos. Piñeiro, que se fixo famoso durante anos presentando o programa da TVG, SuperMartes, tería coñecido…

Louzán importará o modelo de xestión FIFA á Federación Galega de Fútbol

O expresidente da Deputación de Pontevedra e acutal presidente da Federación Galgea de Fútbol ve no modelo da FIFA un exemplo de xestión. Rafael Louzán explicaba hoxe aos medios de comunicación a súa intención de voltear o modelo de xestión actual do ente fubolístico galego para levalo a un punto superior, baseado na xestión da…

COB e Breogán disputaranse o ascenso e a titularidade dos Peares

Feijoo di non estar de acordo porque ‘Los Peares son míos’ O COB e o Breogán disputarán moito máis que un partido este martes día 2 de xuño. A parte do ansiado ascenso á Liga ACB de baloncesto o partido dirimirá, dunha vez por todas a que provincia pertencer o pobo dos Peares. O núcleo…

O Goberno asubirará antes dos programas de Arguiñano e Buenafuente

O executivo anuncia as primeiras medidas despois da pitada do Camp Nou na final da Copa do Rei. As pimeiras reaccións por parte do goberno español ao ocurrido na final de Copa do Rei do pasado fin de semana non se fixeron esperar e o executivo de Mariano Rajoy baralla unha serie de medidas que serán…

Dispáranse os prezos das destrutoras de papel despois das municipais

Unha alta demanda procedente de concellos do Partido Popular fai que o seu prezo se multiplique  Segundo informan fontes da patronal de papelerías e aparatos de oficina, a demanda de destrutoras de papel aumentou espectacularmente ata o punto de que o seu prezo disparouse e o stock xa escasea. De feito hai quen informa xa que…