Deportes

COB e Breogán disputaranse o ascenso e a titularidade dos Peares


Feijoo di non estar de acordo porque ‘Los Peares son míos’

cob breogan

Un xogador do Breogán a punto de tocarlle os peares a un do COB

O COB e o Breogán disputarán moito máis que un partido este martes día 2 de xuño. A parte do ansiado ascenso á Liga ACB de baloncesto o partido dirimirá, dunha vez por todas a que provincia pertencer o pobo dos Peares.

O núcleo dos Peares divídese administrativamente entre catro concellos, dous na provincia de Lugo (Pantón e Carballedo), e dous na de Ourense, A Peroxa e Nogueira de Ramuín. Por se o lío administrativo non fose suficiente, dende o punto de vista relixioso, pertence a catro parroquias distintas: Pombeiro, Viñoás, Os Peares e Oleiros.

É por iso que se vai a utilizar a grande final polo ascenso para dirimir o embrollo administrativo e zanxar, dunha vez por todas, a que provincia pertencerá o pobo. Como se a lea non fose pequena, na ecuación apareceu tamén o presidente da Xunta debido a que a súa nai é orixinaria dos Peares e el criouse alí na súa infancia. Os seus recordos do pobo onde, todas as vacas tiñan nome feminino, provocaron no presidente un arrebato de nostalxia. Ata tal punto que rematou citando a Fraga e customizando a famosa frase de ‘La calle es mía’ para transformala nun ‘Los Peares son míos’.

Pola súa banda, os veciños do pobo mantéñense totalmente alleos á polémica e son partidarios de resolver as cousas á vella usanza. Isto é, a hostias.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.