Actualidade

Pablo Iglesias actuará nas festas de Soutomaior


O empresario Ramón Blanco tira de talonario para traer ao  personaxe de moda ás súas festas.

Ramón Blanco posa co cartaz deste ano.

Ramón Blanco posa co cartaz deste ano.

Un ano máis o empresario afincado en Barcelona, pero coas súas orixes en Soutomaior, aldea de 200 habitantes no interior do rural ourensán, volve acaparar portadas coas súas festas de verán.

Se no pasado conseguiuno traendo a artistas do nivel de Isabel Pantoja, ao seu fillo Kiko Rivera-Paquirrín, Bertín Osborne ou Bustamante… este ano Ramón quere ir máis aló e planea realizar un macromitin-actuación de Pablo Iglesias na aldea ourensá.

Cos problemas loxísticos xa solucionados, xa que o líder de Podemos quería que o acto se celebrase “en círculo”, e que finalmente foi solventado coa futura construción dun anfiteatro roman, segundo a empresa encargada de organizar as festas “o que máis se parece a un círculo perrofláutico, deses”.

Tamén os menús da carpa sufrirán modificacións e plantéxase todo un servizo de catering vegano con posibilidade de acompañamento con cervexa artesá oun calimocho.

Do mesmo xeito habilitaranse duchas e zonas para cans, e así “favorecer o correcto desenvolvemento da festa”.

Pola súa parte en Lampazas(Samos), o outro benefactor galego, Jaime Veiga anunciaba que este ano a súa intención será a de contar con Albert Rivera, o líder de Ciudadanos.

Máis alá de ideoloxías, se en algo coinciden ambos “mecenas” é que “nin crowdfunding, nin ostias, todo a tocatexa”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.