O executivo anuncia as primeiras medidas despois da pitada do Camp Nou na final da Copa do Rei.

Arguiñano e Buenafuente tras recibir a noticia.
As pimeiras reaccións por parte do goberno español ao ocurrido na final de Copa do Rei do pasado fin de semana non se fixeron esperar e o executivo de Mariano Rajoy baralla unha serie de medidas que serán aprobadas nos próximos días.
Entre a batería de medidas destacan as chamadas de “incorporación inmediate e/ou prioritarias”. Nas mesmas, que serán publicadas no BOE a próxima semana, figuran as consecuencias para aquelas persoas ou colectivos que ameacen a grandeza dos símbolos españois.
As máis chamativas de entre as accións a tomar por parte do goberno español pasaría por asubíos ao inicio dos programas televisivos de Karlos Arguiñano e Andreu Buenafuente.
A idea pasa por que un grupo de persoas subcontratadas mediante concurso público serán situados nos platós do euskaldún e o catalán e asubiarán intensamente ao comezo dos programas. Dita medida será levada a cabo durante o prediodo de un ano, e as canles que retransmiten os seus programas, estarán obrigadas a respetar ditas medidas.
Por outra banda Rajoy planea implantar un toque de queda de asubíos e chiflos en espazos deportivos así como en lugares públicos nos que se exhiban simbólos españois como bandeiras, himnos ou os propios reis.