A Xunta gábase do magnífico funcionamento do plan antiincendios que está desenvolvéndose na súa fase Beta (experimental). A reducción das brigadas antiincendios vese compensada abondo ca contratación dos servicios de borrascas puntuais. Neste caso, para combater os incendios de Padrón, Figueiras, Pereiro e Oímbra, a estratexia foi unha acción de contención a cargo das brigadas…
Autor: TemposGalegos
Lores ofrece a Feijóo a entrada do PP na ‘Marea Galega’
A xuntanza entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Xunta de Galiza foi moi fructífera segundo fontes oficiais. Miguel Anxo Fernández Lores e Alberto Núñez Feijóo mantiñan na mañá de onte unha xuntanza na que foron tocados diversos temas, entre eles a panorámica das próximas eleccións ás Cortes Españolas ou a demencia de Beiras. Despois…
Sospeitan que Felipe González teña rexistrado o x.gal
A recente compra do dominio por parte de alguén levanta as sospeitas de que o expresidente español ou o seu equipo o tivera mercado. Os Grupos Antiterroristas de Liberación máis coñecidos como GAL, desapareceron das portadas dos xornais a principios dos anos 90, pero presuntamente seguen mantendo viva a súa cerna como se demostra cos…
‘Mata hipsters en las Cíes’: Siniestro Total actualiza o seu primeiro éxito
Os compoñentes do grupo de Monforte vigués Siniestro Total lanzarán unha nova versión remasterizada e actualizada do seu primeiro éxito ‘Mata hippies en las Cíes’. Segundo contan fontes da súa discográfica andan morriñentos e por iso van lanzaron un novo EP (Extended Play, para os non viejunos) e nel van a incluír a actualización dunha das súas cancións máis emblemáticas…
Boomer volve ao mercado co chicle de ‘Polbo pouco cocido’
Despois do peche de fábrica de Tarazona en 2009 a marca lider en chicles nos anos 90 relánzase ao mercado cun novo sabor, que será fabricado entre as cidades de Vigo e O Carballiño. A marca de chicles que nos 90 se fixocase por completo co mercado de goma de mascar entre os máis novos…
Plutón agradece a confianza dos Cuchufellos na foto da NASA
O planeta anano amósase adorábel nunha das imaxes dadas a coñecer pola axencia espacial norteamericana. Plutón, o planeta anano, que no 2006 foi deixado de ser considerado como tal pola ciencia, amosa agora a súa faciana máis agradábel nas fotos distribuídas pola NASA o pasado martes e realizadas pola sonda espacial New Horizons. Nelas o plutoide…
Lanzan un manifesto a favor da división da esquerda
O manifesto asinado de xeito simbólico por 100 persoas pretende abrir o debate sobre a presentación de candidaturas ás xerais de calquera xeito. “O cambio político en Galicia e no Estado non é posible”. É unha das ideas das que parte o manifesto do Encontro Cidadán para ir por separado, o colectivo que dende mediados do…
Galicia limitará ao sur con Portugal, ao leste con España e no centro con Malaisia
O goberno de Malasia, a través do seu fondo de inversións, acaba de mercar a Bankia o 66% da autopista Santiago-Dozón. Bankia e FCC acaban de comunicar á Comisión Nacional do Mercado de Valores a venda, por máis de 400 millóns de euros, da empresa Golbalvía Infraestructura, SA que é posuidora, entre outras infraestruturas do…
Caballero aparece nun acto vestido cun chándal bolivariano de Vigo
O alcalde de Vigo sorprende a todo o mundo ao aparecer uniformado cual político bolivariano, co seu chándal da cidade. Abel Caballero non deixa de sorprender. Se primeiro foi o Alfageme na rotonda, e despois o Dinoseto, agora o rexidor vigués volve cunha nova idea en mente, a comercialización de chándals vigueses, para reivindicar a…
Beiras baixa do Monte Pindo coas táboas da lei da unidade da esquerda
O líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, atopábase de retiro espiritual no Monte Pindo escribindo o discurso para o próximo 25 de xullo. Un discurso que foi gravado en pedra, polos dous lados, e que pola súa importancia foi titulado como ‘Lei da Unidade da Esquerda’. Segundo afirman fontes presenciais cando baixou do monte atopou os…
Whatsapp creará o emoticono do Dinoseto
Compartirá espazo co resto de emojis animais da aplicación. No día de mañá una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambio “atractivo, sobre todo para o público vigués. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro de 2014 tamén de Whatsapp. “Decidimos introducir entre os nosos Emojis(iconos de Whatsapp)…
A UPG anuncia a creación da conta de Twitter de Paco Rodríguez
A conta de twitter que será nomeada como @paquiñoUPG e servirá para inserir na rede de microblogging os pensamentos do histórico líder comunista. A organización galega integrada no BNG, confírmaba hoxe a creación da conta de Twitter do seu principal ideológo Francisco Rodríguez coa pretende dar un empurrón tanto á mala xeira de resultados do…
