A organización nacionalista revisará os Timeline dos seus militantes en busca de “esquirois españolistas”.
Despois da polémica co concelleiro madrileño Guillermo Zapata, membro da formación Ahora Madrid e compañeiro de corporación de Manuela Carmena, o BNG decide poñerse as pilas e depurar militantes para “protexer” o seu futuro.

O BNG iniciará as prospeccións twiteiras durante as próximas semanas.
Nun comunicado emitido na súa web o BNG afirma que unha organización nacionalista non pode permitir que os seus militantes se expresen nas redes sociais “no idioma imperialista e colonizador español”. Do mesmo xeito a organización nacionalista asegura que esta é unha medida de prevención para futuros cargos institucionais, e que no BNG non poidan suceder casos como o acontecido en Ahora Madrid, na que o concelleiro Guillermo Zapata foi pillado con chíos antisemitas no seu TL.
“Non imos permitir nin chíos en español, nin chíos que non se correspondan coa nosa base ideolóxica” explicaba a TemposGalegos o secretario de organización do Bloque, Bieito Lobeira.
Os encargados das tarefas de revisión dos timeline sde cada un dos militantes do BNG serán o propio Lobeira, así como o secretario xeral da UPG, Néstor Rego, quen actuará de fiscal acusador das posíbeis infraccións.
Polo pronto espérase unha primeira medida contra o exdeputado Carlos Aymerich polas declaracións dos últimos días a favor dunha marea galega, independentemente da táctica decididda polo Consello Nacional da súa organización.
Una cita esta bien pero un enlace al comunicado estaría mucho mejor