Economía

Dispáranse os prezos das destrutoras de papel despois das municipais


Unha alta demanda procedente de concellos do Partido Popular fai que o seu prezo se multiplique 

destrutora papel pp

Panorámica dun despacho de alcaldía o día despois das eleccións

Segundo informan fontes da patronal de papelerías e aparatos de oficina, a demanda de destrutoras de papel aumentou espectacularmente ata o punto de que o seu prezo disparouse e o stock xa escasea. De feito hai quen informa xa que algúns veciños viron as chimeneas das casas de alcaldes e concelleiros botar fume a pesar das altas temperaturas deste mes de maio. ‘Home, sei que o señor alcalde quedou frío ao perder as eleccións pero non pensei que tivese que chegar a poñer a chimenea’, comenta un veciño.

Pola súa banda, a agrupación de tendas de informática tamén anunciaron un incremento desmesuardo na venta de pendrives nos concellos onde se perderon as maiorías absolutas ‘de toda la vida’.

‘Non damos feito a vender, lévanos a ducias‘, comenta un propietario dun establecemento de venta de consumíbeis informáticos que, según di, tamén se ve desbordado ante as consultas que lle fan os exconcelleiros que deixan a acta. Outro vendedor cóntanos que ‘a ignorancia en temas informáticos desta xente é supina. Moitos preguntan se lle vai coller nun chisme tan pequeno todo o que ten no ordenador’ e un empregado da mesma tenda dixo que algún concelleiro en funcións preguntáralle ‘como era eso de copiar y pegar que no quería perder la carpeta de porno que tantos años le había costado recopilar’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.