Actualidade

O PP pide a dimisión en pleno dos actores de ‘El Club de la Comedia’ por facer humor negro


O Partido Popular creceuse despois da dimisión de Guillermo Zapata e pediu o cese en pleno dos actores de ‘El Club de la comedia’ xa que ‘cuando hacen un monólogo de esos a veces hieren la sensibilidad de alguien y muchas veces se meten con el gobierno e incluso hacen humor negro’, comentou Vicente Martínez-Pujalte que exercerá como voceiro desta nova cruzada contra o politicamente incorrecto. ‘Es que ya no se hace humor como dios manda. El chiste del perro Mistetas, eso sí que era gracioso y no las mierdas de ahora’, engadiu.

club comediaA campaña mediática lanzada polos populares terá así continuidade fóra das redes sociais e pasará a centrarase no humor televisivo.

Segundo fontes próximas ao PP a idea da oposición ao humor naceu nun seminario das FAES e nela colaboraron Esperanza Aguirre, José María Aznar e Vicente Martínez-Pujalte que exercerá de voceiro da nova inquisición humorística.

A iniciativa complementarase cun curso acelerado de detección de humor erróneo para cargos intermedios do PP para que así poidan detectar bromas no twitter a primeira vista sen necesidade de recorrer a un experto. Fontes próximas as persoas que impartiron os cursos indicaron que ‘O primeiro que lle tivemos que explicar e que o humor negro non ten que ver coas persoas de raza negra. Unha vez entendido iso case todo foi sobre raís, como os Alvia’.

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.