O expresidente da Deputación de Pontevedra e acutal presidente da Federación Galgea de Fútbol ve no modelo da FIFA un exemplo de xestión.

Louzán posando cun cartaz da FIFA.
Rafael Louzán explicaba hoxe aos medios de comunicación a súa intención de voltear o modelo de xestión actual do ente fubolístico galego para levalo a un punto superior, baseado na xestión da propia FIFA. O barón do PP aseguraba que co actual xeito de funcionar a Federación non permitía ningún tipo de trámite e contrato que favoreza os intereses dos seus camaradas.
Expoñendo a súa experiencia na xestión provincial, Louzán asegurou que hai modelos nos que basearse, mesmo dentro do PP, para levar a cabo unha xestión eficaz e eficiente. Louzán aproveitou tamén para agradecer ao seu amigo e compañeiro de partido, Alberto Nuñez Feijóo, a súa elección para o cargo.
O expresidente pontevedrés está convencido de que conseguirá facer coa Federación de Fútbol o que o PP fixo coa xestión do país, convertila nun exemplo de transparencia.
Para diferentes medios de comunicación especializados os paralelismos entre os sobornos da FIFA e os sobres do PP fan que Louzán sexa o candidato perfecto para levar acabo a presidencia da Federación.