O alcalde de Lugo deixa o seu cargo pensando en afeitarse ou non a barba.
O alcalde de Lugo desde 1999, e primeiro alcalde socialista da cidade, José Clemente López Orozco anuncia a súa renuncia a acta de concelleiro, e por tanto de alcalde da cidade despois da presión dos grupos hippies de LugoNovo e BNG.
Na rolda de prensa de despedida, Orozco asegurou que “marchaba, porque tiña que marchar” e que “maloserá que non apareza outro que bo o faga”. O xa exalcalde e multiimputado, asegurou ter tomado unha decisión totalmente persoal e sen interferencias de ninguén, quitando do secretario xeral do PSdeG, Gómez Besteiro, e de toda a executiva autonómica.
A marcha de Orozco supón tamén unha “jodienda” para o PSdeG-PSOE na Deputación que se queda sen aspirante a presidila ao ser Lara Méndez quen, a priori, recollerá o bastón de mando da cidade da Muralla. Máis problema se cabe despois de que o deputado Juan Carlos González Santín fora pillado polas cámaras vendo unha web de contido erótico no Parlamento, con intención de mollar a palleta.
LugoNovo e BNG mostran a súa satisfacción por bótar fora ao “osiño” Orozco e espera poder ser quen de facer algo por Lugo máis alá de humanizacións varias.
Queda no aire tamén o futuro do premio ao alcalde máis achuchable, do que López Orozco aínda non se pronunciou, pero ao que todo apunta que tamén renunciará. Sona para o premio o alcalde de Beade, Senén Pousa.