Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.
A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a que os novos alcaldes pasan del.
Son ducias de cidadáns os que xa se preparan para a posible chegada dunha praga bíblica. ‘Dios nos vas a castigar por el ateísmo de los nuevos alcaldes. Nos va a enviar una plaga de langostas y los ríos se teñirán de sangre’, declara un convencido da apocalipse.
Cargos do PP xa criticaron aos rexedores das mareas por darlle a espalda a deus. Non é o caso de Gerardo Conde Roa que foi visto cun babeiro de marisco e abrindo unha botella de alvariño á espera das langostas.
Pola súa banda a Plataforma pola Abdominal Única e Carnelao xa amosaron a súa satisfacción porque a auga se convirta en sangue: ‘Imos facer filloas como si no hubiera mañana’, comentan dende as asociacións que farán unha unión temporal de empresas para acometer o reto que se lle plantexa e xa anunciaron que están en conversas con Lestedo para avanzar a Festa da Filloa.
Pingback: A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica