O alcalde de Oleiros inaugura unha estatua a Fidel Castro, a uns centos de metros de onde xa se atopaba o seu compañeiro Ernesto ‘Che’ Guevara. En Oleiros, a revolución cubana pega forte, desde que en 2008 se inaugurara a estatua do Che Guevara, un paseo pola vila coruñesa é un auténtico acto revolucionario. Así ás…
Autor: TemposGalegos
Unha señora de Ordes sementa o caos e dálle froitos
Xosefa C. Couso, de 71 anos e orixinaria de Ordes, sementou o caos a tempada pasada e actualmente está colleitando os primeiros froitos. Esta ordense decidiu plantar a semente que un veciño moi amablemente lle dera e logrou facer unha gran plantación. Converteuse así na envexa de todos os cidadáns, sementando así o caos, non…
60 anos de ataques mediáticos acaban coa vida de Fidel Castro
A pesar do seu delicado estado de saúde as hienas seguían mordendo e os directivos dos medios de comunicación enchendo os seus bolsillos. Fidel Castro acaba de falecer na Habana vítima dunha campaña continua de linchamento mediático dende medios da dereita. A súa saúde foise deteriorando durante os últimos 10 anos debido á aparición das redes…
[#BlackLicorCafé]Esencialistas piden celebrar o Black Friday con Licor Café
Centos de persoas de todo o país reclaman unha volta aos orixes, festexando a ‘festividade’ do Black Friday con algo tipicamente galego como o Licor Café. O licor café como símbolo, ese é o lema que esencialistas de diferentes puntos de Galiza reclaman como punto de encontro nunha festividade foránea como é a do Black…
Rita Barberá escapa ao Paraíso fiscal
“Nosotros somos mucho de ir a paraísos, estamos seguros de que estará allí”, indicaron fontes próximas ao Partido Popular. As aseveracións chegadas dende o Partido Popular parece que se confirmaron á vista das declaracións da Conferencia Episcopal que explicaron que San Pedro xa se puxo en contacto con eles para dicirlles que que chegara ben pero…
Ingresan un home por romperse a cadeira bailando twerking
Un home da Fonsagrada foi atendido onte de urxencia por unha múltiple rotura de cadeira mentres bailaba twerking cuns amigos e amigas. Este fin de semana foron un total de 12 persoas as ingresadas por lesións sufridas ao realizaren este baile de moda. O máis grave o de Alberto N. F. que foi trasladado de…
Durex lanzará un xel de pracer con sabor a churrasco
“Vas querer saber a porco”, é un dos eslogans que se baralla para a campaña da coñecida marca. A multinacional de produtos sexuais Durex está a valorar comezar unha campaña para lanzar ao mercado novos sabores dos seus coñecidos e exitosos xeles de pracer. Segundo puido coñecer este medio, o departamento de I+D da multinacional baralla…
A CRTVG estreará TuteCabrón, a House of Cards galega
TuteCabrón, a serie sobre a política galega será estreada en xaneiro pola CRTVG, no que pretende ser a House of Cards galega. Segundo as informacións filtradas pola propia televisión de Galiza e a productora galega VacaFilms, a serie versará na súa primeira temporada na vida dun alcalde do rural galego e a súa loita política, tanto…
Iago Aspas bica unha bosta despois de marcar o gol coa selección española
As cámaras de televisión non foron quen de captalo, pero numerosos afeccionados aseguran que o de Moaña acabou cunha merda na súa boca despois de marcar o gol do empate en Wembley. Iago Aspas foi o protagonista da xornada despois do partido que enfrontou á selección española coa súa homologa inglesa no estadio londinense de…
Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas
A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da…
Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume
O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara. Un grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que…
Canadá construirá un muro para evitar que os estadounidenses que fuxan de Trump poidan cruzar ilegalmente
Terá de 10 a 15 metros, cubrirá toda a fronteira entre Canadá e Estados Unidos e obrigará aos estadounidenses a pagalo. O primeiro ministro canadense Justin Trudeau anunciou a construcción dun muro despois de que moitos cidadáns norteamericanos que anunciaran que emigrarían a Canadá tras a victoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais en Estados Unidos….
