Partidos, colectivos, cidadanistas e comeflores da esquerda galega póñense tolos ante a chegada das primeiras raiolas de sol e as novas eleccións. O camiño cara os próximos comicios electorais vólvese cada día que pasa máis convulso co nacemento de novas alternativas, plataformas e partidos que tentan aglutinar ao seu redor adeptos que os leven a … Seguir lendo
Tag Archives: xunta
Sete consellos para que che sexa máis levadeiro que Feijoo continue ata outubro
Foron moitas as crises de ansiedade que se viron durante a mañá de onte cando Feijoo anunciou que non ía adiantar as eleccións e que, polo tanto, estaría 6 meses máis de presidente da Xunta de Galiza. Para paliar os efectos desagradables que este tipo de noticias poidan causas á saúde dos nosos lectores ofrecemos … Seguir lendo
EnMarea consternada pola decisión de CxG de presentarse por separado
‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea. A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio. Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como … Seguir lendo
Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.
Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de … Seguir lendo
Feijoo pregúntase por que nas primarias do supermartes americano non está Superpiñeiro
O presidente da Xunta sorprendeu a propios e estraños preguntando cal era a razón pola que o popular presentador da TVG non estaba nas primarias estadounidenses deste martes. Alberto Núñez Feijoo preguntou aos seus asesores cal era a razón pola cal Xosé Manuel Piñeiro non estaba convidado ao supermartes na que se celebrarán as primarias … Seguir lendo
O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais
A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en … Seguir lendo
Miles de persoas saen a pasear á vez en Vigo
‘Agora á xente dalle por aí’, comentou Alberto Núñez Feijoo. O pasado xoves 3 de setembro produciuse un fenómeno estraño no que centos de miles de persoas saíron a pasear á vez polas rúas da cidade de Vigo. A conselleira de Sanidade declarou que lle parecía moi ben que ‘la gente adquiera estilos de vida saludables’. ‘Pasear … Seguir lendo
A Xunta aproveitará os grandes incendios para facer macro – festas gastronómicas
A Xunta de Galicia xa ten un plan para os incendios do ano que vén. Un equipo de antropólogos contratado pola Xunta de Galicia, concluíu que os incendios non se deben ó verán senón ós restos de relixións pagás e de cultos ó lume que quedan no cerne da psicoloxía da cidadanía galega. Isto deberíase a … Seguir lendo
A Xunta contratará borrascas puntuais para reforzar o dispositivo contra incendios forestais
A Xunta gábase do magnífico funcionamento do plan antiincendios que está desenvolvéndose na súa fase Beta (experimental). A reducción das brigadas antiincendios vese compensada abondo ca contratación dos servicios de borrascas puntuais. Neste caso, para combater os incendios de Padrón, Figueiras, Pereiro e Oímbra, a estratexia foi unha acción de contención a cargo das brigadas … Seguir lendo
A Xunta pagará 110.000€ por unha versión do LA LA LA que promocione Galiza
O escandaloso gasto no vídeo de Enrique Iglesias non parece suficiente. A Xunta de Galiza e o Partido Popular seguen demostrando o gusto musical para promocionar Galiza. Despois dos escándalos dos 300.000 euros para Enrique Iglesias e os seus 45 segundos de vídeo e dos 20.000 euros da Diputación de Ourense para que Baltarín se sacase unha foto … Seguir lendo