As augas baixan turbias por San Caetano cos asuntos políticos relacionados coa corrupción de membros do PP. Esta mesma mañá algúns funcionarios puideron escoitar o rapapolvos que Feijoo lle deu ao ministro Gallardón e como lle ordeaba que puxera en vereda ao estamento xudicial que tantas dores de cabeza lle está a dar coa operación Pokemon e as súas consecuencias, sobre todo no Concello de Santiago.
E por se isto non fora suficiente, chega a sentenza que condena ao todopoderoso xefe de Ourense, Jose Luis Baltar, a 9 anos de inhabilitación polos enchufes para que fose elexido o seu fillo como herdeiro do clan na provincia.“Non pode ser!!! Iso é intolerable!”, oíase dicir a Feijoo diante de Gallardón.
Pero como o presidente non da puntada sen fío, ou ben, mais concretamente o seu brazo executor, o vicepresidente Alfonso Rueda, xa puxo ao servizo de comunicación e propaganda da Xunta a traballar arreo para tapar tal escándalo baixo a premisa de que “se non se fala del, non existe”. Polo tanto, deu ordes precisas a MeteoGalicia para que fixesen todo o posible para que nesta entrada de Agosto, cando toda a xente está pensando en facer maletas e viaxar de vacacións, cambiase o tempo para que marchase o sol e a calor e chegase algo de chuvia que faga que se fale do tempo e así por unha cortina de fume que evite que se fale dos problemas de corrupción e a xente non se entere do conto e sigan tendo camiño libre para continuar coas súas falcatruadas.