Despois de que se denunciara no Parlamento de Galiza que a Xunta lle exixía as persoas perceptoras da Risga que “non exerceran a prostitución nin a mendicidade” o PP faino extensible os seus cargos
Segundo avanzaron responsables de prensa do Partido Popular de Galicia o presidente ten en mente incluír a prohibición de exercer a prostitución e a mendicidade no código ético que o PP implantará na Xunta de Galicia. Comentaron que todo isto está “en una fase muy inicial” e engadiu que teñen que mirar “como se compatibiliza esto con el permiso de aceptar regalos de menos de 90 euros”. “En el partido lo consideramos una miseria, una propina, una ‘esmola'”, declararon.
A preguntas dos xornalistas sobre se non se vai incluír a prohibición e ir en barcos de narcotraficantes no código ético, a equipa de comunicación do PP comentou “No es comparable, unha cosa es ir en el barco de un narcotraficante y otra follárselo”.