‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea.

Bascuas arengando ás masas.
A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio.
Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como candidatura diferenciada e ‘100% galega’ para os vindeiros comicios autonómicos, dos que polo de agora se descoñece a data.
Deste xeito a organización liderada por Xoán Bascuas pon fin aos debates en torno da partipación da súa formación perante o panorama que se abre a partir de agora, cando xa se coñece que Alberto Nuñez Feijóo repetirá á fronte do Partido Popular.
Pola súa banda desde EnMarea móstranse consternados e contrariados ante a decisión de CxG, e consideran que esta é un paso atrás no proceso de acumulación de forzas que se está a dar en Galiza, ademáis aseguran que podería chegar a considerarse un fracaso no caso de que Cerna tamén declinase confluír de cara aos próximos comicios.