A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais.
Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo.
A consellaría agarda ter en breve os resultados das probas clínicas e amósanse optimistas xa que ‘los pacientes de la unidad reaccionaron enseguida cuando les cayeron aguas fecales encima. Se reanimaron al instante’.
As asociacións de pacientes xa se apresuraron a calificar o novo tratamento como ‘unha merda’. Segundo declararon ‘Esto é unha merda. E con iso non dicimos que sexa malo senón que é, literalmente, merda’.
A equipa da xerencia do centro hospitalario acudiu a dar unha rolda de prensa para saír ao paso das críticas. Ataviados con pinzas no nariz indicaron que ‘estamos avanzando hacia un nuevo concepto de Hospital-Talasso-Spa. Con este nuevo concepto conseguimos movilizar a muchos más pacientes y además se influye en el sentido del olfato de los pacientes. El próximo paso serán baños retonificantes con las aguas y barros activo exfoliante que abrirá los poros y las fosas nasales’, declararon con voz nasal.
Preguntados os usuarios por este xornal declararon que ‘mexan por nós e temos que dicir que chove’.