O escandaloso gasto no vídeo de Enrique Iglesias non parece suficiente.
A Xunta de Galiza e o Partido Popular seguen demostrando o gusto musical para promocionar Galiza. Despois dos escándalos dos 300.000 euros para Enrique Iglesias e os seus 45 segundos de vídeo e dos 20.000 euros da Diputación de Ourense para que Baltarín se sacase unha foto con Alejandro Sanz, chega unha nova entrega, Massiel e o LA LA LA.

Massiel no seu esplendor músical.
Segundo apuntan fontes internas, e confidenciais, do Partido Popular, o executivo de Alberto Nuñez Feijóo tería pechado un acordo coa artista gañadora do festival de Eurovisión para que esta promocionase a rexión galega.
O acordo consistiría nun montante económico de 110.000 euros, así como o propio peso da artista en botellas de Licor Café. Pola súa parte a artista comprometeríase a grabar un videoclip para a súa famosa canción no cal se faga unha promoción específica das bondades galegas, facendo especial fincapé na gastronomía e o turismo.
Diferentes colectivos mostraron o seu desacordo e o profundo desasosego que supón a entrega dos lotes de Licor á cantante, que nos últimos anos “leva collido moito peso” segundo afirman. “Ademais dun derroche de cartos pódese producir un desabastecemento de licor café que na provincia de Ourense podería dar lugar a altercados e revoltas” indican fontes próximas aos colectivos.
Desde os grupos da oposición rétase ao presidente da Xunta a comparecer para explicar o malgasto dos fondos públicos, mentres que o BNG reclama inversión cultural en música da finada Ana Kiro.
Pareceme ben se a versión final é “A A A”.