Sociedade

Feijoo pregúntase por que nas primarias do supermartes americano non está Superpiñeiro


O presidente da Xunta sorprendeu a propios e estraños preguntando cal era a razón pola que o popular presentador da TVG non estaba nas primarias estadounidenses deste martes.

trump superpiñeiro atilanoAlberto Núñez Feijoo preguntou aos seus asesores cal era a razón pola cal Xosé Manuel Piñeiro non estaba convidado ao supermartes na que se celebrarán as primarias americanas. Fontes próximas ao gabinete da presidencia indican que Feijoo ten grande malestar por que non se convidara ao presentador estrela ao remake americano do exitoso programa da TVG. ‘Habríamos pagado los gastos tanto de Superpiñeiro como de Atilano’, indican as mesmas fontes.

A pregunta de Feijoo pasará a ocupar o primeiro posto das preguntas WTF do presidente desbancando á famosa ‘Por qué lle poñen ás vacas sempre nome de muller?‘ formulada durante unha visita electoralista a unha explotación gandeira.

Unha vez posto en situación polo seu gabinete de asesores proclamou o seu apoio a Donald Trump. ‘Es la clase de racista que todos queremos ser’, espetou.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.