Cultura

Nace unha plataforma para que Feijóo saque o CELGA 4


As dificultades do Presidente da Xunta de Galiza para expresarse en galego fixeron que grupos de filólogas se xunten en torno ao proxecto GaFe(Galego para Feijóo).

A Plataforma tentará que Feijóo obteña o título de Celga 4 nun prazo de 6 anos.

A Plataforma tentará que Feijóo obteña o título de Celga 4 nun prazo de 6 anos.

O nacemento da plataforma non chega exenta de polémica, pois nun momento no que as políticas da Xunta de Galiza avanzan cara o exterminio da identidade lingüística do país e perante o abandono do Conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vazquez, ao presentarse candidato á alcaldía de Ourense, do seu posto ao fronte da carteira galega, o movemento vése desde os sectores achegados aos birretes populares como un lobbie de presión organizado por persoas afíns a rexímenes bolivarianos, que o único que pretenden é fomentar o odio entre de cara aos galegos que falan español.

Feijóo, que no seu día defendeu a lusofonía como futuro do noso idioma, tería dado un xiro aos seus postulados debido as inxerencias de Jesús Vazquez Abad, máis coñecido como Susi, posicionándose a favor do abolicionismo paulatino da lingua de “Poemas Gallegos” como o propio presidente rebautizou a obra de Rosalía de Castro.

A plataforma nace coa ambición de ser quen de conseguir un maior trato de respeto e defensa da lingua galega, así como que o presidente da Xunta de Galiza saque dunha vez por todas o Certificado de Estudos en Lingua Galega, o que cando menos aprenda a falar o idioma galego.

“Sabemos que é difícil, máis cando tes inserido no cerebro palabras como “crisi” ou os tempos verbais compostos, pero iso fai que o tomemos con un gran reto. Desde a Plataforma ofrecémoslle a Feijóo unhas ostias todo o noso apoio e os nosos servizos e consellos como filogogas galegas”.

O proxecto GaFe terá unha duración aproximada de 6 anos durante os cales tentarán que o presidente da Xunta aprenda a falar galego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.