A Xunta podería aprobar o seu propio protocolo anti-zombi
Política

A Xunta podería aprobar o seu propio protocolo anti-zombi

Desde o Goberno da Xunta ultiman os detalles do que sería o plan estratéxico ante a ameaza dos mortos vivintes. Este pasado xoves saia á luz centos de documentos clasificados do que sería o plan estratéxico da Xunta de Galiza para a actuación ante un ataque zombi. Segundo se desprende dos mesmos, os pasos iniciais … Seguir lendo

Organizan unha batida de hipsters nun tecor societario preto de Santiago de Compostela
Sucesos

Organizan unha batida de hipsters nun tecor societario preto de Santiago de Compostela

A asociación que xestiona o tecor indica que a poboación de hispters estaba crecendo alarmantemente e solicitaron permiso á Xunta de Galicia. Os veciños da contorna de Santiago de Compostela están asustados pola proliferación da especie que, segundo denuncian, “Pasean polas fincas, critican os peches e deixan a terra fozada en busca de cogumelos e … Seguir lendo

A Xunta redeseñará o seu cartaz contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla
Actualidade

A Xunta redeseñará o seu cartaz contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla

A Xunta de Galicia zanxará a polémica polo cartaz  do día internacional contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla no cartaz. As críticas da oposición de cosificación das mulleres e críticas sobre o paternalismo da campaña ideada pola Xunta de Galicia colleron a contrapé ao Partido Popular. Tanto os colectivos feministas, asociacións e os … Seguir lendo

A Xunta obrigará aos buses dos enterros a que recollan viaxeiros entre localidades
Actualidade

A Xunta obrigará aos buses dos enterros a que recollan viaxeiros entre localidades

Feijóo asegura que é unha solución novidosa e que axudará a vertebrar Galiza de norte a sur. A Xunta autorizou no día de onte a integración do servizo de autobuses fúnebres e o transporte regular de viaxeiros. A partir de setembro aproveitaranse as prazas libres nos autocares que trasladan á xente aos enterros para que poidan … Seguir lendo

A nova edición de MasterChef obrigará a cociñar unha enquisa da Voz de Galicia
Actualidade

A nova edición de MasterChef obrigará a cociñar unha enquisa da Voz de Galicia

O famoso concurso televisivo de cociña anuncia que a gran final se decidirá cunha enquisa do diario de referencia de Feijoo. É complicadísimo cociñar unha enquisa coas doses xustas de manipulación, mobilización do propio e desmobilización do contrario do xeito que fai La Voz de Galicia. Tanto é así que á produtora do famoso concurso … Seguir lendo

Feijoo sobre a pseudo-caixa finlandesa: ‘Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar’
Actualidade

Feijoo sobre a pseudo-caixa finlandesa: ‘Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar’

O Partido Popular apura as súas promesas electorais e indica que ampliará a caixa benvida con máis cueiros xa que segundo dixo “si gananos, os vais a cagar”.  O PP está a subir a intensidade da súa campaña con máis promesas. Agora tócalle ao turno á caixa benvida que lanzou como unha mala imitación da … Seguir lendo