‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea. A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio. Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como…
Etiqueta: xunta
Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.
Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de…
Feijoo pregúntase por que nas primarias do supermartes americano non está Superpiñeiro
O presidente da Xunta sorprendeu a propios e estraños preguntando cal era a razón pola que o popular presentador da TVG non estaba nas primarias estadounidenses deste martes. Alberto Núñez Feijoo preguntou aos seus asesores cal era a razón pola cal Xosé Manuel Piñeiro non estaba convidado ao supermartes na que se celebrarán as primarias…
O hospital de Vigo pioneiro no tratamento experimental con augas fecais
A Consellaría de Sanidade acaba de anunciar que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo xa está a realizar ensaios exitosos con augas fecais. Trátase dun tratamento experimental que trata de avanzar na reanimación de enfermos. Os ensaios estanse a producir xa na Unidade de Reanimación (REA) do hospital de Vigo. A consellaría agarda ter en…
Miles de persoas saen a pasear á vez en Vigo
‘Agora á xente dalle por aí’, comentou Alberto Núñez Feijoo. O pasado xoves 3 de setembro produciuse un fenómeno estraño no que centos de miles de persoas saíron a pasear á vez polas rúas da cidade de Vigo. A conselleira de Sanidade declarou que lle parecía moi ben que ‘la gente adquiera estilos de vida saludables’. ‘Pasear…
A Xunta aproveitará os grandes incendios para facer macro – festas gastronómicas
A Xunta de Galicia xa ten un plan para os incendios do ano que vén. Un equipo de antropólogos contratado pola Xunta de Galicia, concluíu que os incendios non se deben ó verán senón ós restos de relixións pagás e de cultos ó lume que quedan no cerne da psicoloxía da cidadanía galega. Isto deberíase a…
A Xunta contratará borrascas puntuais para reforzar o dispositivo contra incendios forestais
A Xunta gábase do magnífico funcionamento do plan antiincendios que está desenvolvéndose na súa fase Beta (experimental). A reducción das brigadas antiincendios vese compensada abondo ca contratación dos servicios de borrascas puntuais. Neste caso, para combater os incendios de Padrón, Figueiras, Pereiro e Oímbra, a estratexia foi unha acción de contención a cargo das brigadas…
A Xunta pagará 110.000€ por unha versión do LA LA LA que promocione Galiza
O escandaloso gasto no vídeo de Enrique Iglesias non parece suficiente. A Xunta de Galiza e o Partido Popular seguen demostrando o gusto musical para promocionar Galiza. Despois dos escándalos dos 300.000 euros para Enrique Iglesias e os seus 45 segundos de vídeo e dos 20.000 euros da Diputación de Ourense para que Baltarín se sacase unha foto…
Nace unha plataforma para que Feijóo saque o CELGA 4
As dificultades do Presidente da Xunta de Galiza para expresarse en galego fixeron que grupos de filólogas se xunten en torno ao proxecto GaFe(Galego para Feijóo). O nacemento da plataforma non chega exenta de polémica, pois nun momento no que as políticas da Xunta de Galiza avanzan cara o exterminio da identidade lingüística do país…
La Voz de Galicia fusionarase co DOG
A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o…
A Xunta ordea a Meteogalicia que chova para tapar a sentenza de Baltar
As augas baixan turbias por San Caetano cos asuntos políticos relacionados coa corrupción de membros do PP. Esta mesma mañá algúns funcionarios puideron escoitar o rapapolvos que Feijoo lle deu ao ministro Gallardón e como lle ordeaba que puxera en vereda ao estamento xudicial que tantas dores de cabeza lle está a dar coa operación…
O PP pide aos seus cargos “non exercer a prostitución nin a mendicidade”
Despois de que se denunciara no Parlamento de Galiza que a Xunta lle exixía as persoas perceptoras da Risga que “non exerceran a prostitución nin a mendicidade” o PP faino extensible os seus cargos Segundo avanzaron responsables de prensa do Partido Popular de Galicia o presidente ten en mente incluír a prohibición de exercer a prostitución e a mendicidade…
