Feijóo asegura que é unha solución novidosa e que axudará a vertebrar Galiza de norte a sur. A Xunta autorizou no día de onte a integración do servizo de autobuses fúnebres e o transporte regular de viaxeiros. A partir de setembro aproveitaranse as prazas libres nos autocares que trasladan á xente aos enterros para que poidan ser utilizadas por outros usuarios para moverse dunha localidade a outra.
Este foi un dos acordos adoptados esta mañá no Consello da Xunta. “Hai omnibuses que só levan ocupadas o 50 por cento das prazas”, argumentou Feijoó. Nos próximos días a Consellería de Infraestruturas sacará a exposición pública o novo mapa de transporte de viaxeiros que concretará as rutas para que as empresas contratadas para os enterros poidan planificar os seus viaxes.
Para a Xunta de Galiza esta é unha dobre oportunidade tanto para as persoas que coa renuncia das concesionarias de transporte non poderían viaxar entre localidades da súa provincia, pero tamén o é para os propios asistentes aos enterros, como unha nova maneira de coñecer xente, máis alá dos seus círculos próximos.
Este servizo, como ate o de agora, sería pagado íntegramente polos falecidos ou polos seus familiares polo que o aforro para a Xunta sería do 100%. O presidente, Alberto Núñez Feijóo afirmou ademais que a maioría dos galegos e galegas, sobre todo os de idade avanzada, ao teren pagado o seu seguro de decesos no que se inclúe este servizo, non repercutirá nun gasto adicional para eles. “É hora de arrimar o ombreiro, e non só para portar á caixa” concluíu Feijóo.