Sociedade

Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta


Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor.

feijoo-babyO fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”.

“Nosotros no hacemos distinción entre público y privado. De hecho lo público puede ser privado mañana”, declararon fontes do Partido Popular de Galicia mentres rían entrelazando os dedos das mans.

Dereitos sucesorios

Segundo a tradición instaurada no Partido Popular xa hai faccións que apuntan que o sucesor de Alberto sexa Alberto Jr. ao estilo da dinastía baltar o a de ducias de concellos galegos que son herdados polos fillos dos alcaldes franquistas.

“El Partido Popular es monárquico, no lo escondemos”, apuntantan dende a organización conservadora. “No descartamos que durante el período de minoría de edad pueda ejercer la regencia Alfonso Rueda y, así, preparar el advenimiento del nuevo Alberto”, engadiron.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.