O famoso concurso televisivo de cociña anuncia que a gran final se decidirá cunha enquisa do diario de referencia de Feijoo.
É complicadísimo cociñar unha enquisa coas doses xustas de manipulación, mobilización do propio e desmobilización do contrario do xeito que fai La Voz de Galicia. Tanto é así que á produtora do famoso concurso MasterChef non lle pasou desapercibido xeito tan revirado que utiliza o xornal coruñés.
As enquisas de La Voz de Galicia teñen fama de afectar a opinión pública menos informada e que descoñecen as subvencións millonarias que recibe o xornal coruñés para facer precisamente o que fai. Isto é favorecer ao goberno e tratar de desgastar a oposición e minar o seu electorado e faino utilizando case todas as técnicas de manipulación que existen e nas que soen caer, con frecuencias, os votantes galegos.
E esas doses de manipulación foron precisamente as que buscaron os creadores de MasterChef para fixar a proba final da nova tempada. “As enquisas de La Voz de Galicia tienen más dosis de cocina que el plato más complicado del mundo”, indican os expertos do concurso. “Hai que cocinar tanto que reservamos estas encuestas para la prueba final”, engaden.