Actualidade

Milleiras de galegas piden que o Goberno aplique o art. 155 en Galiza


As manifestacións ocuparon o centro de todas as cidades e vilas galegas.

Máis de 20mil persoas saíron ás rúas do país para protestar contra a xestión incendiaria da Xunta de Galiza e pedir que o Goberno do Estado aplique o artigo 155 da Constitución Española na nosa terra.

As galegas e galegos queimados polos incendios lanzaron proclamas contra Feijóo e a Xunta de Galiza e por primeira vez desde que foi constituída a autonomía pediuse que o Goberno Central aplique o artigo da Constitución que rescinde todas e cada unha das competencias autonómicas.

Numerosas persoas aseguraban que “tal e como se viu durante o drama destes lumes, so o pobo defende ao pobo” e avalan así a decisión de quitar de mans da Xunta calquera competencia e ao mesmo tempo pedir ao Goberno central que inmediatamente as devolva a mans do pobo, xa que foi este o único en demostrar estar á altura de tan dramática situación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.