Cultura

A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente


O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio.

e923090e-121e-432e-880d-b59dc3adaeb0O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15.

A razón deste cambio reside no pasado pleno do Parlamento Galego onde Feijóo asegurou que o día das Letras era o 15 de maio. Tras este erro o grupo de goberno reaccionou áxilmente promovendo unha proposición de lei que troca de inmediato as datas.

Galicia Bilingüe tamén se sumou a iniciativa para apoiar este cambio e en rolda de prensa Gloria Lago afirmou que a actual oposición “nos impone el 17!”.

Do mesmo xeito Galicia Bilingüe promoverá mobilizacións sociais de Albert Rivera para presionar para que o PP continúe na liña da súa política lingüística, e deixe de esperar para aplicar a continuación de prohibir as matemáticas e a ciencia en xeral impartida no noso idioma. Deste xeito instan á Xunta de Galiza a que a partir do vindeiro curso as clases de galego sexa impartidas en castelán, ou no seu defecto en inglés.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.