A Xunta de Galicia zanxará a polémica polo cartaz do día internacional contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla no cartaz.
As críticas da oposición de cosificación das mulleres e críticas sobre o paternalismo da campaña ideada pola Xunta de Galicia colleron a contrapé ao Partido Popular.
Tanto os colectivos feministas, asociacións e os partidos políticos da oposición criticaron ao goberno galego pola campaña. Feijoo e o voceiro do PP defenderon nun primeiro momento o cartaz nun peche de filas ás críticas mais, segundo fontes confidenciais, a Secretaría Xeral de Igualdade xa tería elaborado un novo cartaz para tratar de calmar os colectivos feministas.
“La campaña igual no fue muy afortunada”, afirman fontes próximas ao goberno. “Para que las feministas no se cabreen por la cosificación hemos decidido quitar a las mujeres del cartel del día contra la violencia de género y, en su lugar, hemos puesto a Godzilla, un robot de Pacific Rim y a Afrodita A que lanzaba sus pechos fuera y se sabía defender a tetazos”, indicaron.