Desde o Goberno da Xunta ultiman os detalles do que sería o plan estratéxico ante a ameaza dos mortos vivintes. Este pasado xoves saia á luz centos de documentos clasificados do que sería o plan estratéxico da Xunta de Galiza para a actuación ante un ataque zombi. Segundo se desprende dos mesmos, os pasos iniciais…
Etiqueta: xunta
Organizan unha batida de hipsters nun tecor societario preto de Santiago de Compostela
A asociación que xestiona o tecor indica que a poboación de hispters estaba crecendo alarmantemente e solicitaron permiso á Xunta de Galicia. Os veciños da contorna de Santiago de Compostela están asustados pola proliferación da especie que, segundo denuncian, “Pasean polas fincas, critican os peches e deixan a terra fozada en busca de cogumelos e…
A Xunta redeseñará o seu cartaz contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla
A Xunta de Galicia zanxará a polémica polo cartaz do día internacional contra a violencia de xénero incluíndo a Godzilla no cartaz. As críticas da oposición de cosificación das mulleres e críticas sobre o paternalismo da campaña ideada pola Xunta de Galicia colleron a contrapé ao Partido Popular. Tanto os colectivos feministas, asociacións e os…
Milleiras de galegas piden que o Goberno aplique o art. 155 en Galiza
As manifestacións ocuparon o centro de todas as cidades e vilas galegas. Máis de 20mil persoas saíron ás rúas do país para protestar contra a xestión incendiaria da Xunta de Galiza e pedir que o Goberno do Estado aplique o artigo 155 da Constitución Española na nosa terra. As galegas e galegos queimados polos incendios…
A Xunta obrigará aos buses dos enterros a que recollan viaxeiros entre localidades
Feijóo asegura que é unha solución novidosa e que axudará a vertebrar Galiza de norte a sur. A Xunta autorizou no día de onte a integración do servizo de autobuses fúnebres e o transporte regular de viaxeiros. A partir de setembro aproveitaranse as prazas libres nos autocares que trasladan á xente aos enterros para que poidan…
A Xunta festexará o día das Letras o 15 de maio para non contradecir ao presidente
O executivo decide trocar o Día das Letras Galegas despois de que Feijóo dixera que este era o 15 de maio. O ano 2017 pasará a historia da literatura galega como o ano no que se trocou a súa festividade que pasa do 17 de maio ao día 15. A razón deste cambio reside no…
Nace Alberto II, futuro presidente da Xunta
Agárdase que cumpra coa tradición popular de herdar os cargos institucionais do seu proxenitor. O fillo de Alberto Núñez Feijoo naceu onte nunha clínica privada da Coruña a pesar de que o presidente da Xunta dixera en campaña que “el mejor sitio para parir era un hospital público”. “Nosotros no hacemos distinción entre público y…
A nova edición de MasterChef obrigará a cociñar unha enquisa da Voz de Galicia
O famoso concurso televisivo de cociña anuncia que a gran final se decidirá cunha enquisa do diario de referencia de Feijoo. É complicadísimo cociñar unha enquisa coas doses xustas de manipulación, mobilización do propio e desmobilización do contrario do xeito que fai La Voz de Galicia. Tanto é así que á produtora do famoso concurso…
Feijoo sobre a pseudo-caixa finlandesa: ‘Vamos a incluír más pañales porque, si ganamos, os vais a cagar’
O Partido Popular apura as súas promesas electorais e indica que ampliará a caixa benvida con máis cueiros xa que segundo dixo “si gananos, os vais a cagar”. O PP está a subir a intensidade da súa campaña con máis promesas. Agora tócalle ao turno á caixa benvida que lanzou como unha mala imitación da…
O Hospital de Ourense anuncia que xa hai listas de espera para os tiroteos
Eloina Núñez, xerente do Complexo Hospitalario de Ourense anunciou hoxe que a lista de espera para recibir un balazo. O promedio de espera para un tiroteo no CHUOU alcalza os 70 días. A Consellería de Sanidade xa se puxo mans a obra para solucionalo e está a tratar de privatizar o servizo. Deste xeito aos integrantes…
A primavera a confluencia altera
Partidos, colectivos, cidadanistas e comeflores da esquerda galega póñense tolos ante a chegada das primeiras raiolas de sol e as novas eleccións. O camiño cara os próximos comicios electorais vólvese cada día que pasa máis convulso co nacemento de novas alternativas, plataformas e partidos que tentan aglutinar ao seu redor adeptos que os leven a…
Sete consellos para que che sexa máis levadeiro que Feijoo continue ata outubro
Foron moitas as crises de ansiedade que se viron durante a mañá de onte cando Feijoo anunciou que non ía adiantar as eleccións e que, polo tanto, estaría 6 meses máis de presidente da Xunta de Galiza. Para paliar os efectos desagradables que este tipo de noticias poidan causas á saúde dos nosos lectores ofrecemos…
