O PP galego emulará así aos seus homólogos de Madrid na aprobación, por decreto, de seres imaxinarios Alberto Núñez Feijoo procederá a aprobar, por decreto, a existencia do Flying Spaghetti Monster (FSM) despois de que o BOE confirmara a existencia de deus. O movemento ideado polo comité de campaña do PP trata de captar o voto…
Etiqueta: partido popular
Feijoo asegura que a Xunta gastará o máximo posible en atender os mortos de Hepatite C
No debate celebrado hoxe no Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta acusou á oposición de facer política antisocial pedindo tratamentos adecuados para as persoas enfermas de Hepatite C. Acúsaos de non se preocupar polos casos máis graves, e dicir, os mortos por esta enfermidade. Feijoo asegura que a Xunta está a poñer todos os medios necesarios…
Feijoo disfrazouse de Operación Zeta
As novas que situaban ao presidente en México non eran correctas e, polo que puido saber este medio, estivo no entroido de Viana do Bolo disfrazado de letra zeta. O ano pasado xa saltara a polémica despois de que Feijoo se disfrazara de Marcial Dorado, este ano non foi menos e o presidente conseguiu levantar de…
Feijoo métenos dous novos conselleiros no ano que entra
Alberto Núñez Feijoo xa meteu 4 novos conselleiros en 3 anos o que fai unha media de máis dun conselleiro por ano Durante a toma de posesión dos novos membros do Goberno, Feijóo aseverou que os novos conselleiros reúnen non só a preparación senón tamén o espírito necesario para afrontar estes dous anos. Sabe que a marxe…
Proetarras comeniños defenderán su puto dialecto el domingo en Compostela
Comeza a campaña de difamación dos defensores do galego. Segundo as nosas fontes, isto é o que vai dicir as Faes a través dos seus voceiros durante os días previos á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego que terá lugar o domingo día 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Ao parecer o think tank do…
O Partido Popular creará unha Marea ‘como dios manda’
‘Las candidaturas populares son las nuestras’, comentan dende fontes da dirección de campaña do PP O comité de campaña do Partido Popular está a deseñar o instrumento de participación para asaltar as grandes cidades. Segundo puido saber o noso medio a dilación da presentación das candidaturas débese a que o partido de Feijoo ten previsto…
Rajoy utilizará unha machada se non lle abres a porta
O Partido Popular puxo en marcha unha campaña na que Mariano Rajoy irá, porta por porta, agradecéndolle a cidadanía a súa paciencia. ‘Vamos a agradecerles que nos votaran’, di un representante da nova campaña do PP, ‘pero muchos no nos abren la puerta y no sabemos por qué’. Tamén amosaron preocupación pola situación económica. Din…
O PP enviará papel hixiénico e cueiros a Grecia ante a victoria de Syriza
A victoria do partido da esquerda radical grega Syriza mobiliza a afiliados, simpatizantes e empresarios da dereita española. Os resultados obtidos polo líder da esquerda grega, Alexis Tsipras, encenderon onte todas as alarmas en Génova, a victoria do partido radical abre un novo escesnario de batalla a nivel europeo no que a esquerda rupturista colle…
Cientistas populares din que a pertenza de Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva
Cientistas das FAES afirmaron onte que a afiliación de Luis Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva á semellanza do fenómeno das observacións de Ovnis durante os anos 60, 70 e 80 Os voceiros da FAES explicaron que Bárcenas nunca foi tesoureiro do Partido Popular, xamais entregou sobresoldos a altos dirixentes do partido e nin sequera…
Fans de Jesús Vázquez entusiasmados pola súa candidatura á alcaldía de Ourense
O PP designou esta fin de semana a Jesús Vázquez como candidato á alcaldía de Ourense polo que os fans do coñecido presentador e eventual cantante xa se apresuraron nas redes sociais a darlle os parabéns e a desexarlle éxito na súa nova aventura política. A través do Twitter moitos incluso adiantaron as presumibles boas…
Rajoy adiantará as eleccións xerais para facelas coincidir coas de Catalunya
‘A ver si va a parecer que ya son otro país’, coméntase dende Moncloa Onte coñeceuse o adianto das eleccións en Catalunya pactado por Artur Mas e o líder de ERC Oriol Junqueras e, segundo avanzou o presidente da Generalitat, terán lugar o próximo 27 de setembro deste ano. O adianto electoral catalán sentou mal…
Sorpresa maiúscula ante a posibilidade de que o PP de Ourense sexa corrupto
Ninguén que vivira en Ourense podería pensar tal cousa A xuíza Pilar de Lara está a investigar a 24 dirixentes do PP de Ourense e relaciónaos coa trama Pokemon. Esta noticia deixou consternada a unha provincia que acostuma a votar ao Partido Popular con ratios por riba do 50%. A Deputación de Ourense é unha das…
