Actualidade

O DOG aprobará por decreto a existencia do Flying Spaghetti Monster


O PP galego emulará así aos seus homólogos de Madrid na aprobación, por decreto, de seres imaxinarios

Alberto Núñez Feijoo procederá a aprobar, por decreto, a existencia do Flying Spaghetti Monster (FSM) despois de que o BOE confirmara a existencia de deus.

O movemento ideado polo comité de campaña do PP trata de captar o voto dos pastafaris galegos nas eleccións municipais. O goberno galego cumpre así de correa de transmisión e, segundo fontes de Tempos Galegos, na mesma norma aprobarán tamén a existencia dos unicornios.

‘Galicia va bien, no hay gente en paro, la gente tiene unas gallinas que ponen huevos de oro y eso permite que aquí no se note la crisis. Además, con esta iniciativa del presidente Feijoo vamos a permitir que todo el mundo tenga también unicornio y así todo el mundo mucho más feliz, si es que es posible’, comentan dende o gabinete de comunicación do Partido Popular de Galicia.

Segundo parece a idea xurdiu do propio presidente que, ante os reproches da oposición ante os seus fantasiosos discursos, ocorréuselle que todo sería moito máis crible se aprobaban por decreto a existencia dos unicornios e do FSM.

Segundo filtrou La Voz de Galicia, empresa que imprime o Diario Oficial de Galicia, os unicornios e  o Flying Spaghetti Monster entrarán en vigor quince días despois da súa publicación no DOG.

flyingspaghettimonster

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.