Rajoy adiantará as eleccións xerais para facelas coincidir coas de Catalunya


‘A ver si va a parecer que ya son otro país’, coméntase dende Moncloa

rajoy chiquito
– Ese fistro pecador de la pradera, jarl!

Onte coñeceuse o adianto das eleccións en Catalunya pactado por Artur Mas e o líder de ERC Oriol Junqueras e, segundo avanzou o presidente da Generalitat, terán lugar o próximo 27 de setembro deste ano.

O adianto electoral catalán sentou mal ao presidente do goberno e na estratexia electoral do Partido Popular xa barallan a posibilidade de adiantar as eleccións xerais para facelas coincidir coas eleccións en Catalunya. ‘España solo hay una y elecciones también solo hay unas. Todas el mismo día. Hay que terminar con esta deriva separatista electoral que afecta negativamente a los españoles y a esos españoles raritos que viven en suelo de la antigua corona de Aragón comocido actualmente como Cataluña’, comentaron fontes do Palacio da Moncloa.

Mariano Rajoy enfureceuse ao coñecer a noticia e encargou un informe para o adianto electoral estatal e fontes ben informadas comentan que dixo que ‘Artur Mas no me jode a mi, si acaso lo joderé yo a él’ xusto antes de encargar o dito informe ao que engadiu ‘si quiere saber quien la tiene más grande puede hablar con Rubalcaba y que le cuente como me las gasto’.

 

 

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.