Cultura

Proetarras comeniños defenderán su puto dialecto el domingo en Compostela


Comeza a campaña de difamación dos defensores do galego. 

Queremos español

Logo no que se bulan do da Plataforma Queremos Galego

Segundo as nosas fontes, isto é o que vai dicir as Faes a través dos seus voceiros durante os días previos á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego que terá lugar o domingo día 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Ao parecer o think tank do Partido Popular xa deu orde de demonizar a mobilización a prol da lingua galega. Segundo nos contan fontes confidencias moi próximas á fundación conservadora a idea partiu de José María Aznar e segundo parece incluso volveu a resucitar a súa frase ‘algunos perros siguen ladrando su rencor polas esquinas’.

Pola súa banda un voceiro de Galicia Bilingüe  manifestou que ‘el bilingüismo es mucho mejor si es monolingüe en español’. O xornalista preguntoulle a continuación se esa frase ‘no es un oxímoron?’ ante o cal o voceiro de Galicia Bilingüe estoupou en ira berrando que non lle falara en galego que tiña dereito a que se dirixira a el en español. ‘Ogímoron que es un ogímoron. Estos luisistas ya no saben lo que inventar’, momento no cal se deu a volta e marchou pese aos intentos do reporteiro por explicarlle a situación.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.