Política

Feijoo métenos dous novos conselleiros no ano que entra


Alberto Núñez Feijoo xa meteu 4 novos conselleiros en 3 anos o que fai unha media de máis dun conselleiro por ano

Durante a toma de posesión dos novos membros do Goberno, Feijóo aseverou que os novos conselleiros reúnen non só a preparación senón tamén o espírito necesario para afrontar estes dous anos. Sabe que a marxe de manobra é estreita pero confía en que se poidan abrir paso pouco a pouco e introducirse totalmente no traballo que estaban a facer os seus predecesores.

A voz da rúa parece darlle a razón a Feijoo. Polo menos é o que se desprende das entrevistas a xente anónima feitas polo noso medio. Así, María GM indicou ‘Pois está ben, que os meta no cú’.

O presidente da Xunta presentou os novos conselleiros de Educación e Cultura, Román Rodríguez, e Facenda, Valeriano Martínez nun acto que tivo lugar no Pazo de Raxoi de Compostela coa presenza de numerosos representantes institucionais, locais e cargos do PPdeG e no que tamén estiveron os seus antecesores Jesús Vázquez e Elena Muñoz  que marchan a para presentarse ás eleccións municipais nas cidades de Ourense e Vigo, respectivamente.

Alberto Núñez Feijoo cos novos conselleiros

Alberto Núñez Feijoo cos novos conselleiros

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.