A victoria do partido da esquerda radical grega Syriza mobiliza a afiliados, simpatizantes e empresarios da dereita española.

Alexis Tsipras, “Chiripas”, recordou no seu discurso que o papel hixiénico vai ser necesario, pero para os partidos da dereita europea.
Os resultados obtidos polo líder da esquerda grega, Alexis Tsipras, encenderon onte todas as alarmas en Génova, a victoria do partido radical abre un novo escesnario de batalla a nivel europeo no que a esquerda rupturista colle aire e o medo cambia de bando.
Os comentarios sobre a victoria de Syriza repetíanse no entorno do partido popular e frases como “Menduo Dracma!” inundaron as redes sociais.
É por isto, e ante “Os perigos do comunismo incipiente en Grecia” o Partido Popular comezará a facer acopio de papel hixiénico e cueiros para enviar ao pobo grego. “Non podemos permitir que suceda o que pasa nos outros países con ditaduras comunistas, nos cales a xente se agolpa para abastecerse de productos básicos aos que non poden acceder. Non só se pode vivir de populismo”.
A dirección do PP planea enviar o primeiro lote a mediados desta semana, e iranse completando lotes a medida que os militantes e simpatizantes do Partido Popular envíen as súas axudas. Estas axudas serán centralizadas en Génova e serán enviadas tanto por terra, como por mar e aire.
Pola súa banda, o grego Tsipras, no seu discurso, unha vez coñecidos os datos electorais, quixo facer mención as críticas cara o partido de esquerda e recordou “O papel hixiénico vai facer falta, pero para os partidos da dereita europea, que deben estar todos cagados!”.