Sociedade

Fans de Jesús Vázquez entusiasmados pola súa candidatura á alcaldía de Ourense


O PP designou esta fin de semana a Jesús Vázquez como candidato á alcaldía de Ourense polo que os fans do coñecido presentador e eventual cantante xa se apresuraron nas redes sociais a darlle os parabéns e a desexarlle éxito na súa nova aventura política.

A través do Twitter moitos incluso adiantaron as presumibles boas relacións con La Voz de Galicia despois de que o presentador galego adquirira experiencia no programa “La Voz” que emite a cadea estatal Telecinco. ‘Coñece ben La Voz’, indican, ‘o que lle abrirá totalmente as portas do xornal clave nas eleccións galegas’.

O noso medio púxose en contacto co Comité electoral do PP polo balbordo twitteiro e declararon que ‘Jesús Vázquez es mucho más guay que Jesús Vázquez’ se ben non sabemos a cal se referiron.

O artista, alleo á polémica desatada nas redes sociais, non quixo facer declaracións se ben o seu entorno máis próximo comentou que ‘Ten moita máis educación’ que o xa exconselleiro.

jesus vazquez la voz

O Jesús Vázquez televisivo ten moita máis educación que o exconselleiro segundo o seu entorno máis próximo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.