Política

O Partido Popular creará unha Marea ‘como dios manda’


‘Las candidaturas populares son las nuestras’, comentan dende fontes da dirección de campaña do PP

Jesús Vázquez igrexa

Jesús Vázquez e o delegado da Xunta en Ourense evidenciando a separación igrexa-estado

O comité de campaña do Partido Popular está a deseñar o instrumento de participación para asaltar as grandes cidades.

Segundo puido saber o noso medio a dilación da presentación das candidaturas débese a que o partido de Feijoo ten previsto crear a súa propia marea para presentarse ás eleccións municipais. E, segundo nos transmitiu un estreito colaborador da campaña dos populares, para conseguilo crearán unha marea ‘como dios manda’.

‘Las candidaturas populares son las del PP, que no nos roben el nombre’, comentan dende o comité de campaña. ‘Crearemos una marea con la gente de bien, los buenos españoles, los que van a misa y con los empresarios y banqueros’, xa que segundo dixo ‘son la gente que merece la pena no como esos jipis perroflautas’.

abrazo alberto nuñez feijoo ignacio sanchez galan

Yo por mi Alberto, mato!

Segundo parece ao chamamento feito polo Partido Popular xa respondeu a igrexa católica e a negociación xa puido ter lugar nun acto que contou coa presenza de Jesús Vázquez, ata o momento conselleiro de Cultura e Educación e próximo candidato á alcaldía de Ourense. Agárdase que nos próximos días responda José Manuel Fernández Alvariño, presidente da patronal galega e tamén Ignacio Sánchez Galán, presidente de Iberdrola, que podería retomar a súa vocación política despois do abrazo con Alberto Núñez Feijoo e que non tiña nada que ver cos plan de anulación do Plano Eólico do bipartito nin cos intereses da súa compañía na xeración eólica en Galicia.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.