As novas que situaban ao presidente en México non eran correctas e, polo que puido saber este medio, estivo no entroido de Viana do Bolo disfrazado de letra zeta.
O ano pasado xa saltara a polémica despois de que Feijoo se disfrazara de Marcial Dorado, este ano non foi menos e o presidente conseguiu levantar de novo unha polvareda ao disfrazarse de Operación Zeta.
O traxe elixido polo presidente non sentou ben nas altas esferas populares debido á proximidade da campaña electoral para as municipais. ‘Andáis todos muy crespados’, din que lle comentou ao comité de campaña do Partido Popular xusto antes de entrar na Festa da Androlla da localidade de Viana do Bolo.