Actualidade

Feijoo asegura que a Xunta gastará o máximo posible en atender os mortos de Hepatite C


hepatite cNo debate celebrado hoxe no Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta acusou á oposición de facer política antisocial pedindo tratamentos adecuados para as persoas enfermas de Hepatite C. Acúsaos de non se preocupar polos casos máis graves, e dicir, os mortos por esta enfermidade. Feijoo asegura que a Xunta está a poñer todos os medios necesarios para unha adecuada atención ós mortos por esta enfermidade, que ademais sae moito máis barato que o despilfarro que propoñen os grupos da oposición en xente aínda viva.

Segundo un informe da FAES, a atención pública a doentes vivos de Hepatite C xera importantes distorsións de mercado, o que segundo a literatura económica supón un descenso do benestar xeral da poboación. Por tanto, esta fundación liberal (a que recibe máis fondos públicos do estado español) propón que o gasto público se destine a aqueles doentes onde existe risco de monopolio no tratamento da súa enfermidade é elevado, e dicir, no de doentes mortos.

Fontes populares aseguran que o informe da FAES está avalado por institucións de carácter benéfico coma a Comisión Europea, FMI ou BCE. “Moita cara teñen os doentes vivos”, “Non se dan conta de que os mortos están moito peor”, “Insolidarios” foron algunhas das frases escoitadas nas bancadas populares.

A Plataforma galega de afectados pola Hepatite C, ten convocada unha manifestación que terá lugar o próximo domingo, 1 de marzo ás 12:00 horas con saída dende a estación do tren de Santiago de Compostela. Na marcha esixiráselle ao goberno galego que poña as medidas necesarias para que haxa a medicación para todos os afectados e na que denunciarán que os recortes matan.

manifestacion hepatite c 01.03.2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.