Política

Cientistas populares din que a pertenza de Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva


Cientistas das FAES afirmaron onte que a afiliación de Luis Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva á semellanza do fenómeno das observacións de Ovnis durante os anos 60, 70 e 80

barcenas hipnose

Que Bárcenas fora tesoureiro do PP son imaxinacións nosas

Os voceiros da FAES explicaron que Bárcenas nunca foi tesoureiro do Partido Popular, xamais entregou sobresoldos a altos dirixentes do partido e nin sequera chegou a militar do PP.

Non sabemos nin quen é ese señor e indicaron que ‘sectores de la izquierda apoyados por masones comunistas inventaron algún tipo de aparato para hipnotizar a la población para que la sociedad crea que Bárcenas trabajaba para el PP’.

barcenas antena

Bárcenas levanta a antena coa que se emitiu a hipnose colectiva

María Dolores de Cospedal xa deixou entrever esta nova teoría desenvolta polas FAES ao desvincular totalmente a contabilidade B do Partido Popular cos papeis de Bárcenas a pesar de que este foi o seu tesoureiro durante moitos anos.

Ante as preguntas da prensa á Secretaria xeral do PP sobre a nova teoría respondeu ‘Bárcenas, ¿qué Bárcenas?’.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.