Centro de investigación de primates consegue que un policía aprenda 50 palabras en galego
Ciencia

Centro de investigación de primates consegue que un policía aprenda 50 palabras en galego

Científicos dun centro de investigación de primates afirman que conseguiron que un policía aprendera cinco decenas de palabras en galego. A equipa responsábel do proxecto afirma que despois de máis de un lustro de traballo intensivo están en disposición de amosar ao mundo un exemplar de policía que poida comunicar e entender 50 palabras na … Seguir lendo

Un Don Juan con acento galego fode a todas as nais dos redactores de JotDown
Sucesos

Un Don Juan con acento galego fode a todas as nais dos redactores de JotDown

Un galego descoñecido demostroulle de xeito práctico, ao Community Manager do magazine español, que con acento galego pódese ser un Don Juan. Segundo contan testemuñas presenciais utilizou a tenrura e o riquiñismo que lles provoca aos españois o sotaque galego para engatusar a todas as nais dos redactores e así despexar as dúbidas que amosara … Seguir lendo

GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego
Actualidade

GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego

A Plataforma da viguesa Gloria Lago levará aos tribunais ao Partido de Feijóo por usar o galego en actos públicos. A raíz da moción lingüistica-antisecesionista presentada por Ciudadanos no Concello de “El Ferrol”, e na que todos os grupos municipais, menos os de Albert Rivera optaron por rexeitar, GaliciaBilingüe sae a defensa dos dereitos lingüisticos … Seguir lendo

Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek
Cultura

Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek

A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa. A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek. ‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha … Seguir lendo

A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo
Cultura

A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo

Despois da metida de pata do embaixador xaponés Kazuhiko Koshikawa, falando en galego en Galicia, Núñez Feijóo alenta ao país asiático a adquirir un modelo educativo e lingüístico semellante ao galego. Unha nota de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, vén de explicar que o contido fundamental dos acordos asinados co Xapón o pasado … Seguir lendo