Política

Cayo Lara obriga a Lidia Senra a falar español no Europarlamento


Según se desprenden de fontes confidencias de Anova – Irmandade Nacionalista, o coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, “recoméndalle” a nacionalista, Lidia Senra, que utilice no Europarlamento o “idioma vernáculo da nación de Cervantes”.

Lidia Senra falando español no Europarlamento

Lidia Senra falando español no Europarlamento

Cayo Lara esgrimiría para esto argumentos sobre a procedencia dos votos de Lidia Senra nos pasados comicios europeos, onde un alto porcentaxe deles proviría da rexión de Murcia. “Lidia representa tanto a los murcianos como a los gallegos, puesto que iba en una lista nacional española, en la que tanto le votaban galleguiyos como murcianos o extremeños“.

Sería debido a isto que Lidia Senra está a alternar as súas intervencións entre Español e Portuñol no Parlamento Europeo, para facilitar así a comprensión das persoas do imperio.

Pese ás críticas verquidas por outros grupos nacionalistas como o BNG ou CxG, Lidia Senra e Anova reafírmanse na necesidade de ser entendidos, e, ao non permitirse o idioma galego no Parlamento Europeo, o uso do español ou portuñol “faise indispensábel“.

Polo momento as críticas continúan desde as filas do Bloque Nacionalista Galego, e afirman que a súa “eurodiputada”, Ana Miranda, fala galegoportugués na súa casa, e algún día, cando finalmente entre ao Parlamento Europeo, tamén o fará alí. Haberá que esperar a ver.

2 thoughts on “Cayo Lara obriga a Lidia Senra a falar español no Europarlamento

  1. Nom há muito que esperar. Ana Miranda, igual que os seus predecessores, os eurodeputados Camilo Nogueira (BNG) e antes José Pousada (CG) utilizárom regularmente o galego no Parlamento Europeu desde há quase 20 anos. Um galego pulcro, cuidado e limpo de barbarismos. Lídia Senra podia seguir esse caminho com umha pequena “reciclagem”, apesar das críticas certas que iria receber dos colegas nacionalistas espanhóis.

  2. Deberiades como mínimo facer un resumo executivo do que dixo a señora, ¿non? Así, de paso que nos desafogamos todos, tamén nos enteramos do que tiña que aportar alí. Porque digo eu que se non aporta o que dixo, tampouco importaría que o dixera en galego. Carallo, ás veces parecedes un tabloid…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.