Segundo indican van iniciar unha campaña titulada ‘O galego impórtame un carallo’ destinada a preservar os xenitais da xente que fala ‘como dios manda’
A organización que preside Gloria Lago amosou hoxe a súa alarma pola cantidade de penes que están a ser autoamputados por culpa do idioma. Na rolda de prensa convocada ao efecto, indicou que centos de persoas poden estar lisiadas por culpa desta práctica e anunciou que na súa asociación están moi preocupados xa que se trata de ‘gente de bien que habla en cristiano no de sucios nacionalistas gallego- parlantes’. Deste xeito, anuncian unha campaña na que amosan o seu aprecio polos xenitais masculinos. O título escollido foi ‘O galego impórtame un carallo’ e, segundo os responsábeis desta campaña, conxuga perfectamente a preocupación da súa asociación polo idioma de Galicia e o coidado dos xenitais masculinos.