A próxima incorporación da Real Academia Galega non será unha persoa. A institución da lingua confirma que entre o elenco de escritores e escritoras escollidas para optar á cadeira vacante na RAG optarán polo tradutor automático da Voz de Galicia.
O tradutor foi proposto por alomenos tres académicos dos máis de trinta que existen na actualidade e a decisión sairá dunha votación do plenario da academia. Segundo fontes próximas á academia o equilibrio de poder que existe dentro da RAG posibilitará a elección do tradutor automático do xornal La Voz de Galicia.
Alonso Montero, presidente da RAG, xa avanzou que o tradutor da Voz ‘ten escrito máis que calquera dos ocupantes actuais das cadeiras. Que fai chafalladas? Claro. Pero quen non?’, declarou.
Pola súa banda Santiago Rey, presidente da corporación Voz de Galicia SA, amosouse moi satisfeito pola nova e xa preguntou cal era o soldo e as dietas por ter unha cadeira na RAG e xa indicou que eses cartiños ao non ser dunha persoa física senón do tradutor automático do seu xornal deberan ser ingresados directamente nas contas da Voz de Galicia. ‘La vida está muy malita y con la miseria que nos paga Feijoo no nos da para vivir. Toda ayuda es buena’, indicou.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, deu o seu visto bo á proposta e declarou que o recoñecemento era moi merecido dado que ‘nunca nadie había hecho tanto por nuestro idioma’.
Representantes de AGAL, preguntados por este medio, non puideron facer declaracións debido a un ataque de risa que aínda non rematara na hora de peche da edición desta nova.
Boz! Afeccionados. Xa están os da Coruña discriminando ós de Vigo. E o do Faro que!?
O Faro ten a Alicerce Vermello, ben podía estar nominado tamén
XD XD
Estos pantallazos están mas vistos que un tebeo porque son del año de la Polka. Es el rediseño del año de hace 4 años al menos!!! Me cuenta un amigo que trabaja allí que La Voz ya ha mejorado su traductor, que no os enteráis
Ó mellor podían invertir menos no tradutor e invertir máis en xornalistas que escriban en galego, para iso lle dan unha subvención ben gorda tódolos anos.
Por moito que melloren o tradutor automatico ou contratan alguén ou os textos sempre terán erros. As máquinas non pensan e nunca van diferenciar contextos. Por algo existe a figura do tradutor.
Tamén melloraron moito o Google Translator, ben se ve.
A ver #Alf, tanto mellorou que llo recoñeceron cunha cadeira na RAG. Está claro. Algúns andades frustrados, carallo!