A canle pública galega anunciou que a partires do próximo ano, tan só emitirá anuncios no noso idioma.
Pasadas as 14h, o telexornal mediodía anunciaba a nova medida, que pretenderá, a partires de xaneiro do próximo ano fomentar o idioma propio de Galicia, tal e como figura no primeiro punto do primeiro artigo da Lei de Creación da CRTVG: “Atribúeselle á Compañía de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega”.
Nos últimos anos a publicidade en castelán na canle galega supera xa ao 60% do total da mesma, atisbando o problema idiomático que vive o país, e é por isto que o director da CRTVG, o popular Alfonso Sánchez Izquierdo, decidiu dar un impulso ao idioma propio despois das críticas de BNG e AGE.
Por todo isto a Galega, tan só emitirá publicidade en Galego e rexeitará calquera tipo de espazo noutro idioma que non sexa esta.
A medida xa foi posta en tela de xuízo por diferentes colectivos, entre eles Gloria Lago de Galicia Bífida Bilingüe asegura ser “un atentado contra los gallegos que quieren y desean ver la televisión en castellano, puesto que practicamente non tienen opción” e móstrase preocupada pola “inseguridad de los compradores que no entiendan el lenguaje de la publicidad. Imagínese que alguna persona quiere comprar leche y desconcertada por este tipo de anuncios compra lejía y se lo da a sus niños, es que nadie piensa en los niños??”.
Pola súa banda o primeiro partido político en pronunciarse ao respecto era Ciudadanos, que en boca do seu secretario xeral, Albert Rivera, asegura que “el PP por buscar votos es capaz de vender su alma al diablo, y en este caso ao los nacionalistas radicales separatista gallegos” e pide que se”reconduza a situación de cara a unha televisión pública que poda ver calquera cidadán.