O presidente da Xunta de Galicia sorprendeu a propios e extraños cun xesto a favor da megaminería durante unha das súas viaxes oficiais
Aconteceu a pasada fin de semana durante unha viaxe do presidente da Xunta. No medio do avión e, sen previo aviso, o presidente fixo un xesto de apoio á megaminería. “Mirad esto es lo que quiere hacer Edgewater en Corcoesto”, dixo mentres metía o dedo no nariz e furgaba nela. A prospección de Alberto Núñez Feijoo non pasou inadvertida para o pasaxe do avión e foi fotografado mentres facía a prospección nasal.
As versión do que sacaou Feijoo do nariz difiren entre os pasaxeiros. Mentres uns afirman que sacou petróleo, outros afirman que se arrancou un cacho de cerebro mentres que outros dicían cando sacou o dedo soamente “había nieve”. Outros, tirando de retranca, animaron ao presidente a non utilizar métodos da minería tradicional no seu nariz e convidáronno a utilizar o fracking.
Dende o PP aínda non emitiron ningún comunicado ao respecto aínda que fontes non oficiais xa comentaron que “No veían falta de modales en lo que hizo Feijoo ni que se hubiera taladrado la nariz con el dedo corazón… Además, los miembros del bipartito también se metían el dedo en la nariz”.