Un Don Juan con acento galego fode a todas as nais dos redactores de JotDown

Un galego descoñecido demostroulle de xeito práctico, ao Community Manager do magazine español, que con acento galego pódese ser un Don Juan. Segundo contan testemuñas presenciais utilizou a tenrura e o riquiñismo que lles provoca aos españois o sotaque galego para engatusar a todas as nais dos redactores e así despexar as dúbidas que amosara…

GaliciaBilingüe denuncia ao PP por impoñer o galego

A Plataforma da viguesa Gloria Lago levará aos tribunais ao Partido de Feijóo por usar o galego en actos públicos. A raíz da moción lingüistica-antisecesionista presentada por Ciudadanos no Concello de “El Ferrol”, e na que todos os grupos municipais, menos os de Albert Rivera optaron por rexeitar, GaliciaBilingüe sae a defensa dos dereitos lingüisticos…

Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek

A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa. A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek. ‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha…

Si quieres un trabajo me comes lo de abajo

O presidente da Deputación de Ourense fala español na intimidade. As conversas destapadas polo diario dixital eldiario.es poñen de manifesto o que desde hai anos os mentireiros da provincia de Ourense viñan a dicir, o presidente da Deputación fala español na intimidade. Logo de anos de defensa do seu “galeguismo” e de ver a Xosé Manuel Baltar…

A TVG só emitirá publicidade en galego

A canle pública galega anunciou que a partires do próximo ano, tan só emitirá anuncios no noso idioma. Pasadas as 14h, o telexornal mediodía anunciaba a nova medida, que pretenderá, a partires de xaneiro do próximo ano fomentar o idioma propio de Galicia, tal e como figura no primeiro punto do primeiro artigo da Lei de…

A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo

Despois da metida de pata do embaixador xaponés Kazuhiko Koshikawa, falando en galego en Galicia, Núñez Feijóo alenta ao país asiático a adquirir un modelo educativo e lingüístico semellante ao galego. Unha nota de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, vén de explicar que o contido fundamental dos acordos asinados co Xapón o pasado…

Blablacar identificará os coches por linguas

Tralas últimas polémicas da plataforma para compartir coche os desenvolvedores da web implementarán novos atributos a conductores e viaxes. A plataforma web Blablacar, na que persoas de todas as idades comparten coches, gastos e viaxes, vén de anunciar nas últimas horas que para evitar as polémicas como as xurdidas a pasada semana a raíz do idioma…

Nace unha plataforma para que Feijóo saque o CELGA 4

As dificultades do Presidente da Xunta de Galiza para expresarse en galego fixeron que grupos de filólogas se xunten en torno ao proxecto GaFe(Galego para Feijóo). O nacemento da plataforma non chega exenta de polémica, pois nun momento no que as políticas da Xunta de Galiza avanzan cara o exterminio da identidade lingüística do país…

O tradutor automático da Voz de Galicia ocupará unha cadeira na RAG

A próxima incorporación da Real Academia Galega non será unha persoa. A institución da lingua confirma que entre o elenco de escritores e escritoras escollidas para optar á cadeira vacante na RAG optarán polo tradutor automático da Voz de Galicia. O tradutor foi proposto por alomenos tres académicos dos máis de trinta que existen na…

Cayo Lara obriga a Lidia Senra a falar español no Europarlamento

Según se desprenden de fontes confidencias de Anova – Irmandade Nacionalista, o coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, “recoméndalle” a nacionalista, Lidia Senra, que utilice no Europarlamento o “idioma vernáculo da nación de Cervantes”. Cayo Lara esgrimiría para esto argumentos sobre a procedencia dos votos de Lidia Senra nos pasados comicios europeos, onde un…

Galicia Bilingüe alarmada polos penes amputados por culpa do idioma

Segundo indican van iniciar unha campaña titulada ‘O galego impórtame un carallo’ destinada a preservar os xenitais da xente que fala ‘como dios manda’ A organización que preside Gloria Lago amosou hoxe a súa alarma pola cantidade de penes que están a ser autoamputados por culpa do idioma. Na rolda de prensa convocada ao efecto, indicou…