As novas que situaban ao presidente en México non eran correctas e, polo que puido saber este medio, estivo no entroido de Viana do Bolo disfrazado de letra zeta. O ano pasado xa saltara a polémica despois de que Feijoo se disfrazara de Marcial Dorado, este ano non foi menos e o presidente conseguiu levantar de…
Etiqueta: feijoo
Feijoo métenos dous novos conselleiros no ano que entra
Alberto Núñez Feijoo xa meteu 4 novos conselleiros en 3 anos o que fai unha media de máis dun conselleiro por ano Durante a toma de posesión dos novos membros do Goberno, Feijóo aseverou que os novos conselleiros reúnen non só a preparación senón tamén o espírito necesario para afrontar estes dous anos. Sabe que a marxe…
Proetarras comeniños defenderán su puto dialecto el domingo en Compostela
Comeza a campaña de difamación dos defensores do galego. Segundo as nosas fontes, isto é o que vai dicir as Faes a través dos seus voceiros durante os días previos á manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego que terá lugar o domingo día 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Ao parecer o think tank do…
Nace unha plataforma para que Feijóo saque o CELGA 4
As dificultades do Presidente da Xunta de Galiza para expresarse en galego fixeron que grupos de filólogas se xunten en torno ao proxecto GaFe(Galego para Feijóo). O nacemento da plataforma non chega exenta de polémica, pois nun momento no que as políticas da Xunta de Galiza avanzan cara o exterminio da identidade lingüística do país…
O Partido Popular creará unha Marea ‘como dios manda’
‘Las candidaturas populares son las nuestras’, comentan dende fontes da dirección de campaña do PP O comité de campaña do Partido Popular está a deseñar o instrumento de participación para asaltar as grandes cidades. Segundo puido saber o noso medio a dilación da presentación das candidaturas débese a que o partido de Feijoo ten previsto…
Machos Alfa de ISIS denuncian ás Unidades de Autodefensa Femininas Kurdas por danos morais
Despois da derrota sufrida polos terroristas do ISIS en Kobane, na que tiveron especial importancia as YPJ (unidades guerrilleiras do pobo Kurdo compostas por mulleres) moitos machitos alfa fuxiron co rabiño entre as pernas cara ningures. Non se atreven a regresar ós seus lugares de orixe, xa que despois de anos falando da suposta superioridade tanto…
Feijoo celebrou en MontePío o seu propio domingo fareleiro
Feijóo disfrazado de Tony Montana(Al Pacino) en Scarface tería sido o mestre de cerimonias. O pasado domingo día 26 foi domingo fareleiro en Xinzo de Limia, e o presidente da Xunta de Galiza non quixo ser menos e festexar o seu propio domingo “fareleiro” acompañado do seu círculo máis achegados. A festa nocturna na residencia…
O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino
Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a…
Fans de Jesús Vázquez entusiasmados pola súa candidatura á alcaldía de Ourense
O PP designou esta fin de semana a Jesús Vázquez como candidato á alcaldía de Ourense polo que os fans do coñecido presentador e eventual cantante xa se apresuraron nas redes sociais a darlle os parabéns e a desexarlle éxito na súa nova aventura política. A través do Twitter moitos incluso adiantaron as presumibles boas…
Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español
A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como…
Sorpresa maiúscula ante a posibilidade de que o PP de Ourense sexa corrupto
Ninguén que vivira en Ourense podería pensar tal cousa A xuíza Pilar de Lara está a investigar a 24 dirixentes do PP de Ourense e relaciónaos coa trama Pokemon. Esta noticia deixou consternada a unha provincia que acostuma a votar ao Partido Popular con ratios por riba do 50%. A Deputación de Ourense é unha das…
Sondaxe contratará a Arguiñano para a cociña das súas enquisas
A empresa aposta así pola cociña de autor e a deconstrución dos datos electorais que se lle servirán quentiños á audiencia Sondaxe, a empresa especializada en estudos de opinión e electorais, pertencente á Corporación Voz de Galicia, anunciou que fichará a Karlos Arguiñano para colaborar na cociña das súas enquisas e contar, así, cun dos cociñeiros mediáticos…
