Cultura

O ladrón pintou un carallo no Códice Calixtino


Tamén escribiu a lista da compra e sospéitase que o levou ao supermercado

As sorpresas non cesan no caso do Códice Calixtino. A última, que puidemos coñecer hoxe, trátase de que o ladrón pintou un carallo sobre unha das ilustracións do Códice Calixtino. Os peritos xudiciais desvelaron a profanación do libro mediante debuxos feitos a man cun ‘bolígrafo bic’ se ven non desvelaron se se trataba da variante ‘laranxa’ ou ‘cristal’.

A continuación tamén desvelaron que na folla contigua ao caralludo debuxo estaba anotada unha lista da compra co que se sospeita que a persoa que roubou o códice levouno ao supermercado e o utilizou de bloc de notas para non esquecerse do que debía comprar.

Os custos de reparación do libro son incalculables e aínda non se sabe se os restauradores poderán facer desaparecer a tinta ao 100% pero Feijoo xa se ofreceu a ‘poñer os cartos que fagan falta’ para recuperar a obra. ‘Nós a Igrexa dámoslle de todo. Reconstruímos templos, pagamos curas para o Sergas, damoslle cartos a colexios do Opus. Tampouco haberá tanto problema por uns poucos cartiños máis’, declarou.

codice calixtino

Imaxe das páxinas do Códice Calixtino que foron profanadas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.